cabezallo

AGAPEMA  e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan a segunda edición da actividade "Matemáticas na Raia", Matemáticas na raia 1concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.

A proba terá lugar o día 19 de abril e as inscricións están abertas ata o día 23 de marzo.

Xúntase un documento coas bases da actividade: MATEMÁTICAS NA RAIA 2018-bases.pdf

Anímate e participa!

PROGRAMA   Fotos da Feira    Resolución dos concursos

Cartel da Feira     Caderniño con actividades        Tríptico

feira2018
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das MAtemáticas é "Matemáticas electorais", o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material.